Por causas do destino ou maís ben da Xunta estou como titora no 2º ciclo de Primaria.
A miña aula está composta por 18 alumnos/as, cada un cas súas individualidades e ritmos de aprendizaxe.
Facendo unha análise da clase podo dicir que nela hai 4 ritmos distintos: os que seguen a clase ( a gran maioría), os que empezan a descolgarse, os repetidores e os que teñen un desfase curricular, o que implica traballar cun temario distinto.
O día a día é unha tarefa as veces complicada pero non imposible.
Dos 18 alumnos, 4 reciben apoio por parte das mestras de AL e PT fóra da aula, e con 1 seguimos un programa de modificación de conducta.
Gustaríame centrarme neste último alumno pedíndovos propostas, dado que os resultados positivos son moi escasos.
Destacar que a colaboración da familia é nula.
Características do alumno : fisicamente é o máis alto e forte da clase, ten constantes pelexas cos compañeiros, mostra escaso interese polo contido académico, no que lle deriva o fracaso escolar ( non atende nin fai os traballos), interrumpe e altera a clase, socialmente non está ben valorado polos compañeiros.
Ante isto, en colaboración ca orientadora do centro, plantexamos a elaboración dun cadrante cunhas sinxelas normas para toda a semana e implicamos a tódolos mestres que lle dan clase.
As normas foron establecidas por el en colaboración ca orientadora e a titora.
Dito cadrante implica que se o longo da semana cumpre máis ou menos o establecido, cada venres leva un reforzo positivo por parte miña ( película, informática,..).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario